O titular desta web é a sociedade NLPgo Technologies, S.L. (en adiante, NLPgo), con CIF B-70459151 e inscrita no Rexistro Mercantil de Santiago de Compostela, España, tomo 357, folio 207, folla SC-47875, inscrición 1, con domicilio social en Urbanización Balneario do Tremo, portal 2, local 3B, 15280 Brión, España, e con correo electrónico info@nlpgo.com.
O acceso a esta web atribúelle a quen o fai a condición de usuario e implica, desde ese momento, a aceptación de todas as condicións incluídas, tanto neste Aviso Legal, coma en calquera outra condición ou regras particulares que poidan substituílo, modificalo ou completalo.
Todos os contidos desta web, incluíndo textos, contidos audiovisuais (logotipos, fotografías, arquivos de son, imaxes e vídeos) e código fonte son propiedade de NLPgo ou de terceiros, e a condición de usuario non concede ningún dereito sobre eles. Queda prohibido:
NLPgo poderá modificar unilateralmente, en calquera momento e sen previo aviso, a estrutura e o deseño da web, así como cambiar ou eliminar os servizos, os contidos e as condicións de acceso ou uso da web.
No caso de que se inclúa un hiperenlace desde outra web, non se permite a reprodución total nin parcial de ningún dos servizos nin contidos desta web, como logotipo, marca, nome comercial, denominación e eslógan, entre outros. A páxina que estableza o enlace deberá cumprir a legalidade vixente que sexa de aplicación, e non poderá incluír ou enlazar contidos ilícitos ou nocivos que resulten inadecuados en relación coa actividade desenvolvida por NLPgo. Baixo ningunha circunstancia NLPgo se fará responsable dos contidos ou servizos postos a disposición do público en calquera páxina web na que se inclúa un hiperenlace a esta web.
NLPgo é a principal interesada en que a web estea dispoñible e para iso empregará os recursos necesarios para minimizar os tempos de non dispoñibilidade, pero non outorga ningunha garantía nin se fai responsable dos danos e prexuízos de calquera natureza que puideran ser causa da falta de dispoñibilidade desta web.
O sitio web utiliza técnicas de seguridade da información xeralmente aceptada na industria, tales como firewalls, procedementos de control de acceso e mecanismos criptográficos, todo iso co obxecto de evitar o acceso non autorizado de datos. Para lograr estes fins, o usuario/cliente acepta que o prestador obteña datos para efecto da correspondente autenticación dos controis de acceso.
As condicións xerais incluídas neste Aviso Legal réxense integramente pola lexislación española. O usuario comprométese a facer un uso correcto desta web de conformidade coa Lei, así como coas demais condicións, regulamentos e instrucións que, no seu caso, puideran ser de aplicación.