Desenvolvemos aplicacións web a medida con calquera funcionalidade: consulta de base de datos (corpus, dicionarios, termos, ...), creación de recursos, asistentes para revisar diferente tipo de material ou documentación, etc.
Implantamos toda a infraestrutura necesaria para levar a cabo os proxectos lingüísticos: servidores, almacenamento compartido, web, correo electrónico, dominios e copias de seguridade.
Ruby e Ruby on Rails son as tecnoloxías principais coas que desenvolvemos todos os nosos proxectos. O noso equipo está formado por expertos nestas dúas tecnoloxías e facemos consultaría e personalización de aplicacións desenvolvidas con estas.
Aprendendo a usar o Terminal
O Terminal (ou intérprete de comandos) é a aplicación do sistema operativo (Windows/MacOS/Linux) que lles permite aos usuarios executar comandos en texto. É moi útil porque, algunhas tarefas que son extremadamente difíciles de facer utilizando aplicacións gráficas, poden ser realizadas dun modo sinxelo utilizando o Terminal.
A súa utilización é particularmente conveniente para lingüistas que traballan con corpus, xa que lles permite facer transformacións e cálculos sobre os documentos dun corpus para extraer información moi valiosa.
Introdución á linguaxe de programación Ruby
Ruby é unha linguaxe de programación orientada á simplicidade e á produtividade. Os programadores Ruby senten a súa sintaxe moi natural e fácil de ler e escribir, o que eleva a expresión "happy coding" a un novo nivel de significado. Neste taller aprenderemos esta linguaxe de programación e programaremos para facer algunhas cousas divertidas e interesantes con el. Centrarémonos especificamente nas mellores prácticas e na "maneira preferida de Ruby" de programar.
Actualmente este taller non está aberto, pero podes subscribirte a el e avisarémoste cando estea dispoñible.
NLPgo nace en 2015 coa vocación de ser o apoio informático necesario para calquera lingüista ou grupo de lingüistas que non dispoña do soporte informático suficiente para levar a cabo os seus proxectos lingüísticos.
O coordinador desta iniciativa é Mario Barcala, doutor en computación que, despois de formarse en lingüística computacional e de investigar e traballar con lingüistas a diario durante máis dunha década, decide unir os esforzos de varios expertos a través deste proxecto empresarial para ofrecerlles solucións profesionais aos seus clientes.
A base de operacións témola en Brión, A Coruña, España, onde dispoñemos dos recursos humanos e técnicos necesarios para dar soporte en calquera parte do mundo.
Se estás interesado nos nosos servizos ou tes calquera proposta, consulta ou suxestión non dubides en poñerte en contacto connosco.
Si tienes cualquier duda o pregunta puedes contactar con nosotros por teléfono o mediante el siguiente formulario de contacto: